A loita comezóu
e con ela o mal
que me afastou de aquí
O momento chegou,
non quero marchar
pero é hora de partir
Vai amodiño rapaz
e non esquezas ós teus pais
tes que ser un home forte
e non chores porque os homes
non poden chorar
Deixo a terra onde vivo
pra navegar alén do mar
despídome pero,
ó deixar os teus camiños
sinto as pernas frouxear
ollándote
Sinto que non voltarei nunca máis
moito terei que loitar
se non regreso, madre cóidese
cos anos poiden ver que...
todo cambiou, síntome só
o tempo pasa e eu sigo aquí
a morte o seu traballo rematou
só quedas ti
E o recordo dos meus pais
naquel río, nos teus montes, no teu mar
que foi cómplice das bágoas
que aquel neno agochou ó te deixar,
un home non pode chorar
Deixo a terra onde vivo
pra navegar alén do mar
despídome pero,
ó pensar nos teus camiños
sinto no peito berrar
quero voltar!
(Solo)